Cando estás metido na restauración dunha moto, hai momentos nos que te planteas seriamente, a posibilidade de mercar tódalas pezas novas e pasar de lixas e pinturas... sobre todo cando te atopas cousas como estas:
Pero seguindo a fórmula da paciencia, ás veces chegas a resultados coma este:
O método? o de sempre: desmontar as rodas, lavar con auga a presión, lixar a fondo utilizando decapadores ou cepillos de aramio. Aplicar algún tratamento antióxido. Imprimación e pintado. Moi doado.
Salú!

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados