XII Concentración de Motos Antigas do Salnés
Cambados. 23 de Agosto 2009
Xa está aquí o cartel da XII Concentración de Clásicas Motos Vellas do Salnés. Unha concentración cun percorrido e unha organización tan espectaculares que nunca me cansarei de recomendar. Además, gardo moi grato recordo da primeira edición á que fumos porque alí coñecín en persona ó amigo Abalo, a Amancio e a toda a xente do club do Salnés. Ver fotos <--
Este ano, únicamente poderán asistir motos fabricadas antes do ano '70. Moitos quedaremos fora e incluso eu tiña pensado facerme socio do clube e pagar a cuota ese mesmo día - a vespa gt de Fran é do '75, a miña lambretta jet 200 é do '82- e aínda que me doe na alma non poder asistir por esta "razón", recomendovos que non perdades este evento. Salú!


