18 de Xullo - Scooterada Vilagarciana
Xa está aquí a III Scooterada organizada por Lambretta Vilagarcía. O programa é impresionante e a cousa promete. Non é unha concentración de motos normal, é unha festa "sesentera" en toda regla.
Concurso d'elegance, scooter run, gymhkana e cea con guateque a cargo dos Glosters. O punto de concentración será a alameda, a partir das 12 do mediodía.
+ info: La Voz de Galicia, Faro de Vigo.

