É un dos meus modelos preferidos, a Vanson Model B que viste House e que según o blog de Mikel Erentxun (non me preguntedes como carallo cheguei a el...) parece que os parches foron diseñados polo actor.
O conto, é que entre o éxito da serie e que tódolos moteros flipan cando House aparece na pantalla pequena vestido coa súa famosa chupa, o prezo da puñetera chega ós 600€ posta en España.
Pero tranquilos todos, amantes das cazadoras de coiro molonas similares á do dr House e todos os que contamos con presupuestos baixos, porque por algo menos podemos atopar unha auténtica cazadora de coiro co mesmo corte e estilo. Eso si, seguramente ninguén te saca de ter que aforrar para poder pillala...
CAZADORA DE COIRO RIDE STRIP PARA HOMES 230€
Pódela atopar en iguanacustom.com

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados