Resaca das Letras '09
RdL'09 de ouro na categoría de Blogs e páxinas literarias.
Cando a semana pasada me chegou un mail da facultade de CC.SS. de Pontevedra dicindo que Vespadicto estaba nominada na categoría de Mellor blog ou páxina literaria, sabía que tiña moitas posibilidades de gañar.
Non o digo por fachendoso, nin moito menos, senón porque grazas a este blog fixen moitos amigos: Abalo, Carlos Maño, Garcisco e Rosa, Correcaminos, Adrian, Speedy e os seus Vespeinados, Petardo e os Avispados de Ourense, os Golfos Ártabros de Fas e Fixenoeu, os amigos do Lambretta Club de Vilagarcía, os do Scooter Club de Compostela, os de Motos Antigas Terras de Padrón, Motos vellas do Salnés...
Supoño que parte de culpa téñena "A Pelijrosa", "Desi", "Matilde", "A Sicotrópica", o I Vespalacón, a Scooterada Vespeinada, A Volta a Galicia en Vespa, a Invernovespa... as horas que paso apretando tuercas, engraxando cables, revisando luces e axustando carburadores... e sobre todo contándoo.
Que un blog mono-temático como este, escrito en galego (con versión en castelán) reciba o apoio de 150 votantes, fai que me sinta orgulloso. Non pensedes que únicamente estou orgulloso por gañar -sei perfectamente que había blogs moito máis elaborados e con maior calidade literaria- senón que estou orgulloso por recibir o apoio de tanta xente que sen dúbida me estima e quere.
Moitas grazas a todos e un saúdo moi especial para o cachiño de corazón que teño en Asturias.
Mañá mércores ás 16:00 é a entrega de premios. Alí estaremos.





albertodafonte dijo
Noraboa Vespadicto! Se eu soubese algo de mecánica seguramente non tería a Vespa que teño (pero ben contento que estou con ela)!
12 Mayo 2009 | 06:52 PM