Vespa 150 Racer
¿Que tal o nome, gusta? jejejeje
Ben, pois como algúns xa saben, estou empezando unha nova restauración tomando como base o chasis dunha 150S
O conto é que de sempre me fascinaron as vespas antigas con colín e un so asento como estas:

Decidín experimentar coa fibra de vidrio e poliester para fabricar un colin que vaia pegado ó chasis e que sexa unha parte máis del mesmo. As cuestións sobre o depósito e demáis comentareinas a medida que vaia avanzando a cousa en próximos post.
O primeiro é facer a plantilla. É o máis importante, máis incluso que o lixado final.
Cortei un pedazo de cartón aprobeitando a enruga do medio para lograr a simetría.
É moi importante que a plantilla sexa o máis perfecta posible, é dicir, que sexa o máis simétrica posible e que as medidas totais sexan 1/2 cm menos que a medida total (pensa que terás que rechear ese medio centímetro con fibra e poliester para que se poida acoplar ben ó chasis)
Como se pode ver, hai que ir pegando anacos de cartón con cinta de carrocero para crear un "nervio" que suxeite toda a estructura superior da plantilla.
Como dixen anteriormente, o resultado final depende da plantilla e da súa perfección, de modo que é moi importante "perder" algo de tempo neste primeiro paso para que o resultado sexa satisfactorio.
Incluso é importante facer varias plantillas para practicar.

Una vez que a plantilla está fabricada, aplicamos anacos pequenos de fibra de vidrio e "bañamolos" de poliester. Pouco a pouco verás como se van solidificando e o colín vai collendo a forma que ti queiras.
Recorda, tiras pequenas de fibra (unos 10cm) e poliester "a saco". Moi recomendable ter unha caixa de guantes de latex e disolvente para os pinceis. Ollo tamén co poliester porque se sube un montón á cabeza.

O colín "en bruto" colocase no chasis e vólvense aplicar tiras de fibra e poliester para intentar que quede o máis xusto posible.
Para poder aplicar a fibra e que non se pegue ó chasis (eso fareino cando pinte a moto) protexín o chasis cun plástico o máis apretado posible, para que o colín quede ben asentado.
Repetimos a operación: fibra - poliester, fibra - poliester... "ad libitum"
Ó día seguinte e cunha lixadora circular, devastamos o colín para que se axuste á moto. Este foi o resultado:


O seguinte será rechear os posibles "fallos" co típico poliester de carrocerías; o que usan os chapistas cando tche arranxan un "gholpiño" no coche...
Por cierto... a moto ten máis choio do que eu pensaba...

PD: Se traballades con fibra de vidrio, recordade que é moi importante protexer ben todo o corpo, xa que a fibra non se ve, pero crávase na pel e podes pasar unha noite moi amena. Interesante tamén unha boa mascarilla de filtros.

