Concentración Motos Antigas Terras de Padrón
Saimos cedo, a iso das 9:30. Meu pai montado na súa vespa 160 e eu na miña lambretta co cilindro recén rectificado e acoplado unhas horas antes. "A lo loco". Esperaban por nós Abalo e Carlos Maño coa Psicotrópica no cruce de Pino, estrada de Caldas a Padrón. "Ola que tal", "cánto tiempo" bla, bla, bla... Rumbo a Padrón. Eu amodiño, o cilindro non estaba para moita festa.
Chegamos a Padrón ás 10 co corpo resentido polo frio. Todo moi ben organizado: almorzo con colacao e rosca, más rosca... rosca outra vez... arrancamos a eso das 11 da mañá cara unha ruta que nos levaría por Valga, Catoira, Rianxo, Boiro, Padrón... máis de 100km que incluian un par de paradas "barítimas" para pincho e cervexa.
Polo camiño puidemos observar belezas como esta Jawa con sidecar:
Ou esta Sadrian que quitaba o sentido: (ollo a Abalo na esquina superior esquerda)
A comida estupenda: un pescadiño con patacas, carne, postre e cafés: 25€ (que incluian a inscripción, gorra ou pin e camiseta ademáis dos pinchos)
Na entrega de premios habitual, a Sicotrópica non acadou o "premio á scooter máis singular", aínda que eu creo que o merecía... o mejor foron as botellas de albariño que lle tocaron a Suso e que gardamos para a inauguración oficial do Scutre Clú. Por certo, aquí abaixo, o amigo Adolfo recollendo este obsequio da organización por asistir ó evento:
VER FOTOS (pouquiñas, que me cascou a 2ª tarjeta de memoria... cachis)




