Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

12 Febrero 2009

Manuel Correa e a súa Lambretta Li 150

72 años e coma un rapás de 15. Manuel Correa, compañeiro da Banda de Música Municipal de A Estrada. Leva máis de 30 anos tocando o tenor por  aldeas, vilas e cidades... coa banda pisou Venezuela, Arxentina e media España. Tocando non é precisamente Stan Getz, pero non falla unha, nin se lle atragantan os bemoles.

De profesión, zapateiro remendón e músico vocacional. Na orquesta Iberia tocaba o saxo barítono e o clarinete. Ós trinta anos marchou a Alemania e  ós 40 quedou viuvo: "nunca quixen tanto a nadies como quixen á miña santa" Quedou  a cargo dos seus 4 fillos e sacounos a todos adiante a base de esforzo e talento.

No ano 62 mercou unha Lambretta Li 150 que agora quere restaurar. Cheguei a ofrecerle 1.000 €uros pola burra, pero sempre contestaba o mesmo: "Non. Esta queda p'os netos"

Mentres a desmontabamos, contábame cousas: "un día marchamos á praia das Sinas, a muller, os dous fillos e máis eu. De Vea a Vilagarcía! Moita forza tiña esta moto... Grande, Correa.

Hoxe mesmo fun axudalo para desmontala e xa teño o motor no maletero do meu coche para botarlle un ollo. Por certo... aquí vos deixo a foto da "escopeta" que en breve lucirá a miña Jet 200.

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

. 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera