Paseo dominguero en vespa
Levo 2 anos porfiándolle a meu pai, para que veña a concentracións de clásicas, eventos vespeinados e demáis, pero ata agora négase... o negábase! porque onte mesmo, durante a típica sobremesa do domingo tivemos esta conversa:
-"vou coller a vespa pa' dar unha volta"
- ... (silencio valorativo pola miña parte) "pois vou contigo na lambretta!
-... (silencio valorativo pola súa) pois ala, que fai un tempo cojonudo.
Supoño que ata agora non quería que ninguén o acompañase por medo a unha caída en grupo ou algo polo estilo, pero onte acabou pedindo paso nas subidas! Escollemos a ruta do sábado 25 pero en sentido inverso: Cuntis - Campolameiro - Moraña e Cuntis. Faltou Fran e a "desi", pero índa está tramitando o permiso de circulación.
Esta foto é de fai 2 veráns, mentras desmontábamos a súa Vespa 160.

