Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

6 Noviembre 2008

Scooter Durkopp Diana

No seu momento xa falamos da Iso Diva, unha scooter que tamén tivo o seu mercado e que gardaba certo parecido coa Vespa e Lambretta.

Como vedes na foto, a parte diantera recorda á vespa e a traseira á lambretta.

Buceando entre libros de motos atopei unha scooter que non coñecía e que tamén recorda á vespa por diante e á lambretta por detrás: A Scooter Diana, de Durkopp.

Durkopp foi fundada en Bielefeld (1867) Por Nikolas Durkopp e adicouse á fabricación de bicicletas. En 1901 comezou fabricando motocicletas monocilíndricas, bicilíndricas en V e un modelo tetracilíndrico en liña refrixerado por aire. Unha vez pasada a I Guerra Mundial volveu a fabricar bicis (non estaba o forno pa' roscas) pero con motores de 60, 75 e 98 cc.

En 1954, Durkopp presentou a Scooter Diana de 194cc. Era un produto de altísima calidade que ofrecía rapidez e maniobrabilidade comparables a calquera outra scooter do mercado. Durkopp era (e son) un forte grupo industrial e non dependía so das motos, por eso o Diana deixou de fabricarse no 1960. Para entonces saíran da cadena de montaxe 24.963 unidades.

Non teño constancia de que se venderan no noso país, pero si que atopei algunha á venta en Portugal. A min paréceme preciosa, moito máis que a Diva e que a Zundap Bella, da que falaremos otro día. ¿Qué vos parece?

De sonido é moi similar a unha Lambretta 200

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

. 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera