Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

21 Octubre 2008

Como restaurar unha Vespa

Método resumido

Como xa me preguntaron máis dunha vez por donde empezar a restauración dunha vespa ou lambretta e canto nos vai costar a broma, aquí deixo o meu humilde método:

Atención: vai fotografiando todo, para saber despois onde e como estaba. (grazas Carlos)

1ª desmontas todo: manillar, dirección, guardabarros, cófanos, guantera... ordenando e anotando meticulosamente os tornillos e pezas en paquetes, indicando o seu lugar na moto. Os cables e as camisas deixalos no chasis para poder sustituilos por outros se fose necesario.

2º Extraes o motor do chasis (ollo, sen abrilo) e lévasllo ó mecánico para que cambie todo o necesario para poñelo a punto. Paga a pena gastar 300€ e deixar o motor en perfecto estado. Cambiar reténs, rodamentos e si é necesario pistón e cilindro. É mellor facer esto ó principio, que volver a desmontar coa moto xa restaurada (por experiencia propia)

3º Traballo sucio: lixar, lixar e volver a lixar toda a chapa da moto para eliminar o óxido. Para aforrar cartos temos que facer todo o traballo que os chapistas non queren, xa que é máis rentable pintar 4 defensas de coche nunha hora, que poñerse a lixar unha puñetera vespa. É importante que protexas as pezas que vaias lixando: vai pasar moito tempo desde que lixas unha aleta, por exemplo, ata que vas ó chapista. Tes que botar aceite WD-40 (parecido ó 3en1) para que non oxide mentras segues lixando outras pezas.

Ese é o truco: se levas toda a chapa preparada para pintar, non suelen decir que non, xa que cualquera o fai nun par de horas.

Por tanto e resumindo: motor: 300€, chapa: 500€ máis ou menos, lixa, disolvente, pezas novas, algún embellecedor e outras cousiñas...

TOTAL 1.400/1.500€ a gastar nun ano, máis ou menos.

Agora pensa si prefires restaurar a vespa de teu avo ou mercar unha chooper de plástico por más cartos... ti mesmo!


servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

. 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera