NOVO VIDEO

Onte mesmo recomendéivos un blog chamado Tumotoclásica. Seguindo as súas indicacións decidín quitar a pintura de imitación cromo que lle puxen ós embellecedores da Vespa 160 e pulilos como dios manda.

O primeIro é mercar un kit de pulido de metais en calquera ferretería, vale sobre 10€, é de Wolfcraft e trae todo incluido.

Está composto por dúas pastillas e dous rodillos para acoplar ó taladro.

1. Antes de nada tes que lixar a peza a pulir, primeiro cunha lixa gorda para eliminar raiaduras e golpes (grao de 300 a 400, dependendo do estado) para despois pasar a unha lixa de auga máis fina (grao 500 ou 600) Deste primeiro paso dependerá o resultado final. É mellor ser paciente.

2. Unha vez lixado (repito, paciencia) monta o cepillo duro no taladro e daslle ca pastilla oscura (taladro funcionando) Según vaias pulindo, notarás que a peza empeza a reflexar coma se fose un espello con empañado.

O proceso é unha auténtica guarrada e pone todo perdido. Protéxete con gafas e mascariña se non queres escupir "cousas neghras" toda a noite.

3. Turno do cepillo blando. Este cepillo encargase de darlle o acabado final. Co taladro en marcha untas o cepillo ca pasta azul e sigues pulindo. Se o primeiro paso foi bo (lixado á man), reflectirá coma un espello de verdade.

OLLO, dalle SEMPRE NO MESMO XEITO.