Sábado 31 de Maio

Para tod@s aqueles que sintan a necesidade de sacar a "abuela" a pasear anque caian chuzos de punta, chega un ano máis, a Scooterada Compostelá, organizada polo Moto Club Compostela.

PROGRAMA:
10.00h: Xuntanza,inscrición e pequeno almorzó na praza do Obradoiro

11.00h:
Saída e percorrido polos lugares máis emblemáticos da cidade. Comezo da ruta.

12.00h:
Primeira parada:Arzúa onde faremos unha degustación de Queixos do país. Continuación da ruta direción Sigueiro.

13.30h:Pincho na praza do Concello de Oroso. Continuación da ruta.

15.00h: Chegada a Trazo, Xantar en Casa Rosinda.

17.00h: Xincana na explanada da área recreativa de Chaián. Reparto de agassllos e premios

20.00h: Paseo de regreso a Santiago. O noso destino será o pub "La Radio" no casco vello onde comenzará a noite tola con música ao vivo do grupo Deguello. Rock and Roll en estado puro.

Eu non podo ir... (éche o que ten traballar os sábados...) SALÚ!