Fotos Ruta Rosaliana '08
Ricardo! non viñeches... nin Nacho, nin Masito.
Xa eran horas! estrenámonos na Ruta Rosaliana. Foi unha experiencia "relighiósa": 114 motos de tódalas marcas, cores e sabores: había un par de Moto-Guzi con SideCar que quitaban o sentido; unha Bultaco toda restauradiña, digna dun museo; unha Lambretta con Side que era a envidia de tódolos scooteristas. Por haber, ata había unha Puch de 50 pilotada por satanás reencarnado en forma de adolescente kamikaze...
Que choveu? Pois si, que carallo... esto é Galicia.
Saúdos: Á organización, ós Avispados de Ourense, ós Scooteristas de Vilagarcía, especialmente ó amigo Correcaminos! (faltaron os Vespeinados de Vigo, cachis...) e a tod@s @s que se acercaron á Ruta Rosaliana. Salú!




+ fotos Ruta Rosaliana.

