Xoves 1 de Maio
A Asociación Cultural de Motos Antigas Terras de Padrón organiza a segunda edición da Ruta internacional de motos antigas, a primeira do calendario e que se celebra o xoves día 1 coa participación de entre 160 e 180 máquinas de máis de 25 anos. Treinta delas proceden de Portugal, algunha incluso dos propios museos, para percorrer un trazado de 80 kilómetros que discorre polos municipios de Padrón, Rois, Dodro, Rianxo, Pontecesures, Valga e Catoira.
A saida está prevista para as dez da mañana e a chegada sobre as duas da tarde, para compartir unha comida no Campo do Souto. Durante ese tempo, as motos estarán expostas no recinto aberto. A comitiva estará acompañada por dous camións-escoba; un microbús para os conductores; unha ambulancia; Protección Civil e unha patrulla de Tráfico.
A motocicleta máis antiga que fará o percorrido é do ano 1951 e pertence a un socio da Asociación Cultural de Motos Antigas Terras de Padrón.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados