Vespa 150GS con tapacubos cromados
Acesorios, accesorios, accesorios...
Teño que recoñecer que non me vai moito o estilo mod de cargar a "pepa" de espellos, defensas cromadas por babor e estribor, luces de cores, tapacubos con radios, bocinas... gústame que teñan un toque e punto, que non se convirtan nun monumento barroco (para eso xa temos a Catedral de Santiago)
Un dos accesorios que nunca me gustaron son os tapacubos, pero despois de moito buscar pola rede, atopeime cuns cromados, totalmente lisos e inmaculados, que si me gustaría ter na miña Lambretta.
Botádelle un vistazo a ver que vos parece.

Descarga a foto <--

