Recambios para Scooter na rede
¿Contrarreembolso, Pay Pal ou transferencia?
Esa é a pregunta que facemos todos cada vez que encontramos unha web de recambios.
É normal que a primeira vez que te aventures a pagar por internet, che treme un pouco o dedo índice antes de facer click no botón de "confirmar pago", pero para que vaias a tiro fixo, aquí deixo as páxinas nas que eu xa merquei pezas e nas que seguro moitos Vespadictos e Lambretteros xa mercaron.
Empezamos con produto nacional:
Scooterclasico.com
Un montón de recambios para Vespae Lambretta de casi tódolos modelos e cun trato personal estupendo. Tódalas veces que comprei aquí utilicei o contrarreembolso.
En 3 o 4 días telo todo na casa e se hai algunha peza que pediras e non teñan, chámante por teléfono. Ademáis tamén podes encontrar pezas de guzzi, montesa, puch... incluso motos de segunda man.
Puntuación: Precio 7, Trato 9
Recambiomoto.com
Tamén desde España e tamén cun trato estupendo. Da igual que chames e preguntes 3 ou 4 veces, sempre atenden moi ben.
Só pezas para Vespa, non Lambretta.
A igual que en Scooterclasico, das veces que merquei aquí, utilicei o método do contrarreembolso e en 3 o 4 días, tes todo na casa.
Puntuación: Precio 7, Trato 9
Harryscooters.com
Moito recambio para Vespa e Lambretta, fotos de restauracións e incluso focos estilo mod, espellos e pilotos distintos.
Si eres un mod, aquí tes cousiñas que che poden interesar.
Nesta web só aceptan o pago por transferencia, é o único negativo do asunto, máis que nada porque tes que facer un oco na mañá para salir ó banco e pagar.Os prezos son un poco máis altos que nas anteriores, pero teñen máis stock.
Puntuación: Precio 6, Trato 6.
Esta semana atrevinme a comprar a través desta web na que hai un montón de recambios e accesorios para Vespa e Lambretta.
Concretamente comprei unha funda blanca para o asento da miña Lambretta.
Os prezos son interesantes, o malo é que cando sumas os portes, duplicanse efanse prohibitivos.
Tivenque pagar vía Pay Pal, pero todavía no me chegou. Xa vos contarei.
Pero olliño, porque tamén vou dicir donde me tomaron o pelo:
Platinosclasicos.com
Coñecín esta web a través de lamaneta.orge mandeilles un mail preguntando por un relé de intermitencia de 6 voltios.
Mandáronmo contrareembolso e a bromiña custou 30€.
Digo bromiña porque o que me enviaron non funciona, debe ter os contactos pegados y non parpadea. O que me fastidia do asunto é que mandei unha queixa do máis formal e educada e non responden.
Estas son as miñas recomendacións, si alguén de vos comprou noutro sitio, que deixe un comentario que se terá en conta para futuras compras.
Salú!




correcaminos dijo
Muchas gracias por las recomendaciones. Los novatos las necesitamos y agradecemos.
11 Septiembre 2007 | 05:05 PM