Piaggio "Va de Retro"
Chega a nova Vespa S, nas cilindradas de 50 e 125CC.
Como xa dixemos e comentamos moitas veces neste blog, "o retro vende". (a ver si aprenden dunha vez e sacan unha nova edición da 160GT ou da 180 Rally)
Sobre a mesma base mecánica e estética da actual LX, o Grupo Piaggio-Vespa comercializará a partir de septembro deste mesmo ano unha nova Vespa S que recorda, pola súa imaxen pero non polas súas características técnicas, á mítica Vespa Primavera dos anos 70.
Como curiosidade cabe destacar que leva un faro rectangular Muticonvex con bombillas halóxenas de finais dos 70, tamén unha guanteira aberta co fondo de chapa da carroceríaá vistae por enriba dela, un cadro de instrumentos con certo aire retro.
Tamén leva unha alfombra con tiras antideslizantes sobre o piso plano e por detrás a típica óptica trasera da antiga Vespa Primavera.
En canto ós prezos... máis do mesmo: Piaggio non baixa nin a tiros e así lle vai: 2.000 €uracos a de 50e 3.000 a de 125.
Dimensións: Largo 1.755 /1.800 mm. Ancho: N.D. Alto: 740mm. Capacidade do depósito: de 8,6 litros.
Motores: Monociclíndrico de dous tempos de 49 cc.e Monociclíndrico de catro tempos de 124 cc.
Caixa de cambios: Automático con embrague centrífugo.
Potencia: De ND na de 50 cce10,3 caballos a 8.000 rpm na 125. Emisións CO2: EURO 3.
Prestacións: De 55 a 100 kilómetros por hora. Aceleración: 0 a 100 Km./hora: 13,5e 11,9 segundos.
Peso: De 96 y 110 kg..
Seguridade: Freno de disco no eixo dianteiro e de tambor no traseiro.
Fonte: El Mundo
Motísimas fotos en Moto 22
Salú!

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados