Eaghora os cables.
Estame levando tempo, pero a verdade, pensei que sería máis dificil.
Como podedes ver na foto da esquerda, estos días adiqueime a poñer os cables das marchas,o do embrague, dos freos, do conta kilómetros, do acelerador...
para que cando monte o motor teña todo á man e non ter que desmontar o manillar de novo.
Para poñer os cables do cadro de mandos de luces e non equivocarme, utilicei un truco moi sinxelo:
Cando desmontamos a moto (xa vai facer un ano) deixamos un cacho de cada cable no seu sitio para non ter que andar mirando esquemas á hora da montaxe.
A ver quen é o chulito que lle mete man a este lío de cables sin saber a onde vai cada un. Salú!

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados