A nova polémica en RTVE viaxa en Vespa
Un "pagüer poin" como Dios manda.
Este pasado fin de semana celebrouse en Zaragoza a Convención de directivos da Corporación de RTVE.
Paraabrir a convención tiveron a "gran idea" de facer un video de presentación, no que aparece Luis Fernández (presidente da corporación) montado nunha Vespa e recollendo a Jaime Gaiteiro, director xeral corporativo; Xavier Pons, director de TVE, e Santiago González, director de RNE.
O video ten a súa coña, a verdade, pero parece ser que non lles gustou nada ós de C.C.O.O. (xa parezco Urdazi) porque a empresa non está como para facer bromas nin compoñer cancións en plan Chirigota de Cádize bla, bla, bla...
Pois ben; aquí vos deixo o video.
PD: Un saúdo a Luis Fernandez que tamén é amante do mundo vespeiro!

