Esto si que é TUNING do bo.

Deixémonos de tonterías: o importante dos accesorios é que sexan útiles de verdade. Fóra os adornos, basta de espellos, pegatinas e anagramas que non sirven máis que para chulearse nos semáforos diante das chavalas.

Pasemos ó práctico. Como este veciño da miña vila, que decidiu acoplarlle un suxeita-bastóns (menudo palabro que acabo de inventar) na maleta da súa scooter.

Unha pletina de aluminio, un par de remaches... e o bastón sempre a man. Salú!