Comiza o baile de concentracións moteiras.
Un ano máis, como cada 17 de maio e coincidindo co Día das Letras Galegas, o Motoclub Compostela organiza a Ruta Rosaliana de motocicletas clásicas, que percorre o espazo vital e poético da escritora Rosalía de Castro.
Con saída e chegada na Praza Roxa de Santiago, esta ruta en moto sigue fielmente o trazado orixinal, con visita á casa de Rosalía en Ames, aperitivo en Rois visita á Igrexa de Bastavales, comida en Bertamiráns, visita ó monumento de Rosalía e paseo final polas ruas de Santiago de Compostela (agardemos que acompañe o tempo)
.
Para poder participar é imprescindible ter unha motocicleta de 25 anos de antigüidade e pagar 25 euros de cuota, que incluen o credencial, pin conmemorativo, un agasallo sorpresa, aperitivo en ruta, comida e cervexa o refresco na Praza Roxa á finalización do traxecto.
Anque doia admitilo, non podo asistir porque a miña T5 ten 18 aniños e non cumple o requisito principal. A miña idea era a de acudir a esta gran cita coa 160 de meu pai e co me primo Fran e a súa flamante 160 GT pero ningunha das dúas están a punto.
De tódolos xeitos, acercareime coa Photo Machine (algo é algo)
Teremos que esperar ó próximo ano ![]()
Inscripción Rosaliana<--
+ Fotos Ruta Rosaliana 2006 <--
PD: Fixástesvos no feliz que vai o compañeiro? jejeje... Salú!

Eu quería ir!!! Cumpría cos requisitos... mais ese día non é festa no meu choio fóra de Galicia... brbrbrbrbrbrbrbr
É unha mágoa...
aaaaaaaaaa... Se siente!!
É unha canallada, pero que lle vas facer... A ver si este verán podemos ir dar unha voltiña por Vilagarcía nas burras.
Veña, un saúdo!
...Xa están aquíiiii...Como
xa sabedes o pasado día 17 celebrouse a Ruta Rosaliana de Motocicletas Clásicas que bla, bla, bla...
Foi unha ghosada (e eso que eu tiven que conformarme con sacar fotos...
Rosalía Sánchez, subdirectora del programa La Mañana de la Cope