Vespa Garabulla

Grazas ó blog estou conocendo a moitos Vespadictos. É unha ghosada abrir o correo e atopar fotos como as que vos presento hoxe.

Trátase da vespa de Pablo Garabullo.

É un modelo dos 50, das que levan roda de 8'' e a de reposto detrás do manillar.

Como podedes observar, está en proceso de restauración.

Nestas dúas fotos pódese ver como estaba despois do lixado e como quedou despois da primeira man de imprimación anti-oxidante.

    Estaremos moi atentos a esta restauración. Ten unha pinta caralluda!

    Noraboa Pablo!