Remataron as vacacións de Semana Santa.

Acabouse o de levantarse ás 2 da tarde, acabouse tamén o sano costume da siesta de media hora.

Acabáronse, pobriño de min, as caipirinhas a media tarde no porto de Tapia de Casariego y los paseos por la playa.

Pero volvo ó choio cargado de enerxía (ou iso quero crer) e anque disfrutei de 5 días por terras asturianas, non vos creades que deixei o blog de lado.

Mirade o que atopei:

Trátase dunha Furgoneta-Caravana BEDFORD con motor diesel Opel.
Ten un debuxo no lateral e un alerón que xa lle gustaría á do Equipo A.

Atopeina na praia de Tapia e debía ser dalgún surfeiro que se acercou ó Campeonato Mundial de Surf

Por certo, que se vende...

Pero non queda ahí a cousa. Tamén atopei unha vella scooter nun taller mecánico.

No expositor había un Mini Cooper (dos de antes) e cando me acheguei para botarlle un vistazo, puiden ver unha fermosa lambretta esperando polo chapista.

Xa sei que a foto non é moi boa, fíxena a través dun cristal e utilizando todo o zoom da cámara.

O dito: estou de volta.

Salú!