Vespa 160.

Esta semana estou preparandoos tambores de freo.

Como son de aluminio, decidín pintalos con "gris de llantas". Na foto podedes ver o estado no que estaba o tambor do eixo dianteiro.

Antes de nada, o primeiro que hai que facer é limpialos cunha hidrolavadora.

Despois hai que lixar, pero xa aviso que é un proceso moi lento e que cansa porque non hai espazo para meter a man.

Nestos casos É moi útil a famosa DREMEL, o que pasa é que resulta un pelín cara. De todolos xeitos hai multitude de ferramentas parecidas en calquer ferretería e a mellor prezo.

O seguinte paso é pintar.

Eu pinteinos cun gris de llantas e a pistola. Vendencho en calquer sitio de recambios de coche e o bo é que tamén o hai en Sprai (algo más caro)

Agora deixovos unha foto para que vexades o "antes" e o "despois". Salú!