Sigo e non paro.

Tven outra tarde libre e púxenme de novo ó choio porque xa non soporto ver a Vespiña debaixo das mantas agardando a que a monten (nos dous sentidos, por suposto)

Antes de nada; aquí tedes o amortiguador traseiro xa montado.

Non pintei o soporte superior porque non se vai ver e xa estaba ben.

Hoxe adiqueime a pintar algunhas pezas do motor.Capuchón do cilindro, soporte e tapa do filtro do aire.

Antes de pintalas, unha boa rascada co cepillo de aramio STRONG>e unha manciña de "aparejo" para que non salte a pintura tan facilmente co paso do tempo.


Ó capuchón do cilindro non lle din pintura pola parte interior porque se estropearía coa calor, aínda que seguramente, por fora pasará o mesmo.

Ben, pois este é resultado do traballo de hoxe:

Un biquiño para NiñaSonrisa* que me botou unha man coa lixadora (hai que ver o ben que che queda a funda de citroën...)

Salú!