Está moi ben eso de mercar unha Scooter xa restaurada, pero a verdade é que eu estou disfrutando coma un enano a restauración da 160 de meu pai.

Este luns, tiven a primeira tarde libre no que vai de mes e non pensedes que a malgastei tirado no sofás vendo o Diario de Patricia ou xogando á Play...

Collín unha funda color celeste de Citroën Vigo, desas que ten meu pai e púxemme ó choio.

Compresor por aquí, disolvente por alá... aaaay campaneraaaa, aunque la gente no quieraaaa... e este foi o resultado

Como podedes ver na foto adiqueime a pintar algunhas cousiñas; o plato interior do tambor traseiro (dise así?) o amortiguador traseiro (que a todo esto, é novo pero ven sen pintar) e os muelles das supensións.

Os muelles xa os tiña rascados de outro día. Coma sempre, utilicei o polivalente cepillo de aramios do taladro.

Después dinlle unha man de "aparejo" AUTOCOLOR, que vale unha pasta pero é dos bos e seca moi rápido.

Después apliquei uns pistoletazos de vermello metalizado (cortesía de Citroën Hispania Vigo)

E por último unha manciña de laca.


E agora vou para cama que mañá é outro día e levantome ás 6.30. Salú!