Comeza o espectáculo: DAKAR 2007

Este ano o Rally Dakar arranca en Lisboa e dende Vespadicto queremos seguir a evolución día a día a través da web Raid-Live e o Blogdakar2007
o Dakar ademáis de aventura é unha fonte de polémica; son moitos os que o consideran como unha carreira de pijos que arrasan todo ó seu paso. O certo é que falamos dunha competición na que únicamente sobrevive o 40% dos que toman a saída.
Motos de gran cilindrada, quads de competición espectaculares, coches 4x4, camións con tracción ós 3 eixos...
e no medio de todo un humilde CITROËN 2CV SAHARA co dorsal nº 400 na chepa, pilotado polos franceses M. Georges e R. Cyril.
Un ano máis o equipo Mehari Club 2CV preparou a conciencia o seu 2cv Sáhara para atravesar as dunas de Mauritania e chegar o dia 21 a Dakar.
FOTOS CITROEN 2CV SAHARA <--
Deixovos un par de videos para que o vexades en acción. O ano pasado acabaron a carreira, a ver que fan este ano...
Por certo! Vespa tamén participou no Dakar; + info <--

