Seguramente que moit@s recordades o famoso Isetta BMW (o coche de Steve Urkel)

O Isetta naceu da man de ISOTHERMOS, unha fábrica de equipos de refrixeración e material tranviario e ferroviario.

Pasada a 2ª Guerra Mundial, en ISO (a igual que en Vespa e Lambretta) chegaron á conclusión de que o que Italia necesitaba era un transporte barato e fiable.

A partir de 1948 a firma ISOTHERMO comenzou a producción de motos, sendo a primeira un Scooter de 65cc e 2 tempos chamado "Furetto". O motor apenas podía chegar ós 50 Km/h.

Poco despois chegou o "Isoscooter", cun motor de 125cc e 6.7 HP, alcanzaba os 75 Km/h. En 1951 aparece a Isomoto, versión motocicleta do Isoscooter.

En 1952 comenza a fabricar o microcoupé Isetta, que despois é mercado pola BMW, modificado un pouco e lanzado á venta mundial.

En 1957 sale o novo scooter de 150cc 2T, 4 velocidades denominado "Diva".

Agora fixádevos ben na foto: ¿non vos parece unha mezcla entre Vespa e Lambretta?

+ Info ISO DIVA <--