Pezas Orixinais Piaggio-Vespa.
Como xa sabedes, estou restaurando a 160 de meu pai. Aquí podes seguir todo o proceso de restauración.
Pouco a pouco vou conseguindo as pezas novas que necesitamos para deixala chula. O último que comprei foi todo esto que vedes aquí:

Pero teño que dicir que estou decepcionado con algunhas das pezas.
Como din os vellos "as cousas de aghora non se fan como as de antes"
Defensas laterais: o tubo utilizado é dun diámetro inferior ó das pezas vellas e o cromado é de unha calidade inferior.
Reposapés: pasa o mesmo que cas defensas; o diámetro é inferior ó da outra peza e parece moito máis fráxil. Ademáis unicamente ten sitio para un tornillo, cando a antiga ten dous. Non está cromado.
O da defensa traseira xa me parece un chiste; nin se parece á antiga e ademáis está sin cromar, polo tanto terei que pintala da cor da moto ou mandarla cromar (algo que vale unha pasta)
Portabultos traseiro: No almacén que é o único que vende agora Piaggio, polo tanto ou levo cromar o vello ou cambio directamente polo novo que é totalmente distinto.
E para que quede constancia de que non son de "competensia" aquí vos deixo a factura.

Ata dentro dun mes non merco máis pezas...

