Aquí o tendes. Así é como estaba o chasis da Vespa 160 que estamos restaurando meu pai máis eu.
Antes de entrar en materia, lembra que en Vespadicto podes seguir todo o proceso de restauración paso a paso e dende o primeiro momento.
A verdade é que o estado do escudo en certas partes era preocupante.
Tiña varias rachaduras e estaba moi débil. A máis grave era a que se pode ver na foto da esquerda.
Decidimos entón, sanear e soldar tódolos cortes.
Para reforzar o chasis, sustituimos as travesas oxidadas e colocamos estas novas. A primeira vista pode parecer unha medida un pouco dura por non tratarse de pezas orixinais, pero unha vez que apliquemos masilla e pintura anti-gravilla o resultado será excelente.
Nalgunhas zonas o metal estaba tan oxidado que optamos por cortar e soldar uns anacos de chapa novos.
Un traballo fino que levou o seu tempo e paciencia, pero que mereceu a pena.
Continuará...

Escribe un comentario