Vespa Cosa. A menos bonita de tódalas vespas.
Xa sei que ó mellor resulta un pouco molesto para os que teñan unha Vespa Cosa e vaian por diante as miñas disculpas, pero é algo que xa teño falado con máis xente que ten unha vespa:
¿Cal é a Vespa menos agraciada?
Pois para min a Vespa Cosa, de feito (e creo que é un dato significativo) na Web de Vespa-Piaggio, apenas aparecen referencias a este modelo.
Nótase que desde a casa quixeron darlle un toque moderno á Vespa e saiulles o tiro pola culata. Incluso chegaron a facer campaña publicitaria con Sting, despois do éxito de Quadrophenia.
A vós que vos parece?

