Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

24 Noviembre 2006

Reparacións de Chapa. Golpes.

Cada vez falta menos para o pintado definitivo da da Vespa 160 de meu pai.

A última vez que falamos dela, foi despois de aplicarlle a primeira man de imprimación: ver video <--
Esta semana, adicámola á reparación do chasis, pero mentres tanto (que a cousa vai para largo) aquí vos deixo unha mostra sobre como se reparan as abolladuras ou golpes.

O primeiro é endereitar as abolladuras máis grandes a base de martillo de chapista e moita paciencia.

Despois empástase donde sexa preciso con Masilla de Poliester para carrocerías coa axuda dunha espátula.

Agora lixaremos de novo os sitios donde anteriormente aplicamos a masilla axudándonos dun taco de madeira dura , para que o lixado sexa sempre uniforme e non nos queden ondulacións na chapa.

Un truco moi vello pero que da uns resultados boísimos.


Ás veces, despois de pasar a lixa co taco de madeira, quedan algunhas zonas máis "altas" que outras. Unha boa forma para localizar os posibles defectos durante o lixado é pasar a man dun xeito firme e repetidas veces adiante e atrás, do mesmo xeito que na foto.


Para acabar, antes de dar unha nova capa de imprimación, repasaremos toda a superficie cunha lixa moi finiña e unha boa lixadora pneumática.

Consello: Non malgastes os cartos en ferramienta de mala calidade.

Por certo; parece que a moda das scooters chegou á miña vila.
No mesmo taller donde paso as tardes libres reparando a Vespa de meu pai apareceu unha Lambretta desmontada.

Saúde!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

. 29 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera