Supoño que tamén vos pasará o mesmo, pero dende que teño unha non fago máis que ver vespas polas rúas. As fotos saqueinas co móbil e ó pasalas polo ordenador foron perdendo calidade, pero ei vai:

A primeira é unha T3 Primavera. Atopeina en Santiago de Compostela diante dunha panadería e non puiden resistirme. É das que teñen a roda de reposto pola parte interior do escudo. Interesante.

Esta outra apareceu en Vilagarcía de Arousa, o pasado sábado. Estaba aparcada no peirao e chamaba a atención dos paseantes. Ten o asento partido estaba en perfecto estado de conservación. Daba ganas de poñela en marcha e dar unha voltiña.

Esta última, véxoa amiudo en Pontevedra. É unha 150 GS que sempre está aparcada ó ladiño do Pazo da Cultura (cerca da universidade) Está ben conservada, anque eu sacarialle unha pegatina enorme que ten na dianteira na que se pode ler EUROPOLI 06.

Saúde!