É outra das miñas paixóns; O Citroën 2CV.

Na miña casa tivemos dous exemplares e o último vendeuse un ano antes de que eu sacara o carnet de conducir por unhas 80.000 ptas. (nunca llo perdonarei a miña tía)

Recordo con moito agarimo aquelas excursións á praia no flamante 2CV. Ía toda a familia: meus pais, miña avoa, miña irmá e eu. A defensa traseira casi rozaba o chan polo peso mentres meu pai baixaba marchas para poder subir as pendentes. Cando conseguía pasar de 100km/h mirábanos polo retrovisor cunha sonrisa cómplice mentres berraba "imos a cen, coma os coches!!" e miña irmá e eu escarallabámonos á risa mentras miña avoa dicía aquelo de "Susiño vai a modo"

Saíamos pola mañá cedo a eso das 10 co maleteiro a tope de sillas plegables, mesita, sombrilla e as toallas. Todo regado co magnífico cheiro á empanada de xoubas e tortilla que anegaba todo o coche. Sempre tiven a sensación de que o coche tiña cara de risa... ó mellor pasabao tan ben coma min.

Vaia, que me poño melancólico, ó choio:
Buceando polo Youtube atopeime con este video. Que o disfruten as vosas señorías.

Saúde!