Flipo. A un amigo meu, ofrecéronlle unha GS 150 moi parecida á da foto.
Trátase da versión Sport da vespa estándar de 1955 e está considerada como un fito histórico do motociclismo.

A 150 GS recórdase como a scooter máis bonita de tódalas producidas e os restauradores búscana o mesmo que os colonos buscan ouro nas pelis do oeste.

Por primeira vez, un vehículo nacido para o transporte diario tiña unhas prestacións que quitaban o alento. Nacida da experiencia do equipo de carreiras Piaggio, a GS foi a primeira scooter con motor de 150cc.

FICHA TÉCNICA:

Motor monocilíndrico de 2 tempos
Diámetro: 57 mm
Carreira: 57 mm
Cilindrada: 145,6 cc
Velocidad máxima: 101 km/h
Suspensión: muelles helicoidais con amortiguadores hidráulicos.
Frenos: de tambor
Pneumáticos: 3.50-10

CONCENTRACIÓNS DE MOTOS: Sábado 11 e Domingo 12