Aquí a tendes. É a Vespa na que Dalí escribiu o nome da súa musa Gala.

Nestes momentos atópase no Museo de las Ciencias Príncipe Felipe (Valencia) con motivo da exposición La vespa un mito verso il futuro.

A exposición foi organizada polo Festival Sete Sóis Sete Luas en colaboración coa Fundación Jaume I El Just e a Fondazione Piaggio, con motivo da celebración do sesenta aniversario da vespa.

A mostra permanecerá no Museo Príncipe Felipe ata o próximo 6 de xaneiro.

Como xa dixen, entre os modelos expostos destaca a que foi pintada por Dalí. Esta vespa foi fruto da valentía de dous estudantes de Albacete que en 1962 iniciaron unha viaxe en vespa dende Madrid a Atenas. A primeira das paradas foi en Cadaqués, donde Salvador Dalí, tivo a idea de decorarlles a moto.

Foi expuesta con anterioridade nos Guggenheim de Nueva York e Bilbao.