Vespas de Competición
Todo comenzou no Club de Golf de Roma, no abril do '46. Dende entón moitos foron os modelos que naceron a partir desta Vespa 98.
Presentovos aquí os modelos de competición non moi coñecidos para a inmensa maioría dos vespeiros:
VESPA 98 cc CORSA
A primeira Vespa de carreiras. Grazas a ela, os concesionarios Piaggio puderon participar no 1947 en circuitos de velocidade. Participou en carreiras en terreo chá e pendentes, logrando victorias en eventos como O Gran premio de Nápoles de 1947 e a Subida Contrarreloxo en Rocca di Papa.

VESPA 98 CORSA (circuito)
A vespa Corsa fabricouse co obxetivo de mostar ó mundo que unha pequena scooter podía ser moi competitiva nos circuitos.
A carrocería foi construida á man utilizando unha estructura de aceiro.

VESPA CORSA 125 "telaio in lega"
Tiña unha estructura de aleación de aluminio como as empregadas nos avións unida grazas a uns remaches de aleación, unha característica moi vanguardista para a época. Participou en carreiras de diferentes cidades, conseguindo victorias de prestixio: 1º e 2º posto no Gran Prix de Bolognia en 1950.

VESPA 125 CIRCUITO
Tanto este modelo como os anteriores foron fabricados á man polo departamento experimental de Piaggio. Desde o primeiro momento as 125 CIRCUITO foron conducidas polos pilotos oficiais da marca: Dino Mazzoncini e Guiuseppe Cao.

VESPA MONTHLERY
O 7 de abril de 1950, no circuito de Monthlery, tres pilotos conduciron durante 10 horas por turnos e conseguiron 17 records mundiais.

VESPA "SILURO"
En 1951, Vespa púxose en marcha para desafiar a prueba máis dura de velocidade: 1km
O 9 de febreiro, entre o km 10 e 11 da autopista Roma-Ostia (mira ti por donde) unha Vespa con dous pistóns horizontais opostos (17 cv) diseñada por Corradino D'Ascanio e conducida por Dino Mazzoncini, batiu tódolos records cun tempo de 21,4 segundos e unha velocidade media de 171 km/h.

VESPA 125 SEI GIORNI
Foi un vehículo diseñado para probas de carreiras que tivo moito éxito. Debe o seu nome á participación na 26º dos Seis días Internacionais de 1951 na que gañou 9 medallas de ouro. Tamén gañou o trofeo da Federación Italiana de Motocicletas.
A última Vespa de competición da que teño coñecemento é a VESPA P-200 que participou na segunda edición do París-Dakar.

Saúde!


correcaminos dijo
Muy buenas las fotos, y también los comentarios.Gracias por enseñarnos tantas cosas de nuestras queridas Vespas.
4 Noviembre 2006 | 08:29