Comeza o baile...
Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--
Pouco a pouco imos preparando a Vespa para o pintado. A cor, ou as cores, aínda non os temos decididos, pero xa sabes que podes botar unha man na escolla.
Comezamos aplicando decapante sobre a pintura vella, para deixar a chapa ó aire.
Na seguinte foto podedes observar como se levanta a capa de pintura unha vez pasada a brocha... é algo incríble!

Nesta última foto, pódese ver como quedou unha das aletas despois de retirar a pintura cunha espátula.

Saúde!

