Salón AUTOCLÁSSICO en OPORTO
Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--
DO 29 de setembro ó 1 de outubro, celébrase no recinto feiral de Oporto a 4ª edición de AutoClassico, Salon Internacional do Automóvil e Motocicleta Clásico e de Época, no que se darán cita máis de 240 expositores de todo o mundo.
Autoclassico 2006 ocupará 5 pavillóns e tres galerías do recinto feiral EXPONOR. No pavillón 1 vaise habilitar un amplo espazo adicado ós complementos, accesorios, recambios, pezas novas e usadas, coleccionismo... Os pavillóns 2 e 3 estarán destinados a exposición e comercialización de automóbiles e motocicletas fabricados con anterioridade a 1980.

Nesta edición mostraranse xoias automovilísticas de firmas como Porsche, Ferrary, Lambroghini, Triumph, Rolls Royce, Bentley, MG, Jaguar...
Tamén estarán presentes, sociedades adicadas á restauración e venta de marcas populares como Volkswagen, Fiat ou Citroën.
AutoClassico Porto 2006 foi elexido por Auto Museo Da Maia para presentar en sociedade o seu concept car creado en colaboración con CEIIA e que representa un automóvil deportivo Coupé inspirado nos clásicos dos 60 e 70.
Nesta edición celebraranse actividades paralelas como o Día do Particular, o Rally de Outono, o Gran premio Slot Autoclássico e o Encontro de pilotos de tódolos tempos.
O que se anime e pase por alí que mande fotos!


Emilio dijo
Saludos escuteristas¡¡¡
Cuando habras tu club virtual a los Lambretteros, avisa que nos apuntamos. Tomamos buena nota de tu trabajo, si organizamos alguna salida por Pontevedra y comarca te avisamos para que te apuntes.
Saludos.
Pork Pie Scooter Club
25 Septiembre 2006 | 12:24 AM