Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--
Costounos moito, moito traballo, pero pero acabamos por desmontala completamente. Aquí está:
Nun par de minutiños contovos algúns detalles da desmontaxe que tantos dores de cabeza nos trouxo:
Na foto nº1 podedes observar o "tornillo de marras".
Suxeita o motor ó chasis e nesta moto estaba tan oxidado e bloqueado que non saía nin a golpe de maza.
Cecais vos pode parecer un poco drástica a medida, pero despois de consultar un par de mecánicos decidimos cortar os extremos do tornillo e así poder sacar o motor.
Afrouxamos as tuercas e cortamos utilizando unha folla de serra sen arco. (foto 2)
Ahí podedes ver a meu pai en plena faena e suxeitando a folla cun papel de periódico dobrado para no lastimar as mans.
Unha vez retirado o motor, procedimos a desmontar o manillar e a barra da dirección.
Un detalle que nos chamou moito a atención foi o bo estado do cableado e das conexións eléctricas (foto 3)
Para non liarnos cando teñamos que montala de novo, cortamos os cables deixando un cachiño en cada regleta.
Co ghato tivemos que empregarnos a fondo e recurrir á rebarbadora
Os tornillos estaban moi oxidados e cando metiamos as chaves rompianse ou mamábanse as tuercas.
Na foto 6 podedes observar o motor.
As rodas están tan descentradas que a traseira deixou unha profunda marca no lateral interno.
Una vez desmontada toda a Vespa, démoslle unha boa limpeza a base de mangueira y cepillo de aramios nos fondos e os pasos de roda.
Na foto 7 tendes o resultado de duas tardes de traballo e moita paciencia.
Continuará...

Escribe un comentario