Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--

Si é que esto das vespas xa é unha obsesión... e o peor de todo é que estou contaxiando ós que me rodean. Meu pai, cada vez que ve unha á venta ou tirada nunha aldea sempre me avisa. Miña irmá mercou unha camiseta de Vespa (Easy to be happy) e machácame continuamente con que a leve de paseo. A miña moza... miña moza soña que anda en vespa por Santiago de Compostela.

Pero o meu non ten remedio. Eu ando coa cámara sempre enriba por si acaso me cruzo con unha. Aquí vos deixo 2 exemplos:

Esta é unha veterana Spring. Polo que me contaron debe ter uns 30 anos e seu dono é un Patrón, de pantalóns vaqueiros todos gastados, camisa de cadros e un ducados permanente na boca.

O mellor de todo son as protecciones laterais. Fixádevos como están suxeitas.

Esta atopeina no centro de Pontevedra, estou seguro que seu dono a recoñecerá. Pareceume tan fermosa, tan bonita que ata a cor vermella gastada polo sol lle queda ben.

O mellor: a toalla laranxa no portabultos.

Saúde!