Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--
Si a Vespa é símbolo de Italia, en Francia o Citroën 2CV é tamén un referente. Ambolos dous teñen cousas en común: clubs, concentracións, feiras de recambios... son irmáns dun tempo e unha época que moitos se negan a esquencer.
A igual que a Vespa o 2CV naceu dunha necesidade. Según os seus mentores Pier Boulanger, Flaminio Bertone e o enxeñeiro André Lefèbvre:
"Un vehículo económico de adquirir, capaz de transportar a dous campesiños e 100 kilos de mercancía a unha velocidade de 60 km/h ó mercado, vestidos con zocos, si fora necesario, e por camiños pantanosos e non pavimentados. Debe ser posible transportar intacto un cesto de ovos por unha leira"
A idea que estos xenios do automóbil querían levar á práctica era construir "un paraugas sobre rodas"
+ historia <--
Os motivos que me levan a crear este post sobre o 2CV son moitos; sentimentais maioritariamente
(na miña casa tivemos 2 exemplares durante moitos anos, ate que a choiva e o tempo os xubilou)
Pero básicamente, este post é so unha excusa para enseñarvos este video ala, que o disfruten vosas señorías
Se falla CLICA AQUÍ <--

Escribe un comentario