Clica para VERSIÓN EN CASTELLANO <--
Tócalle o turno á competencia da Vespa A LAMBRETTA Non hai moita información sobre a súa historia, algunhas webs en italiano e pouco máis. De tódolos xeitos aquí está a información que saquei en limpo: Como scooter que é, naceu dunha necesidade militar; o exército demandaba un vehículo lixeiro que se pudera lanzar en paracaidas co soldado incorporado.
A lambretta foi ideada pola empresa Innocenti, que nun principio se adicaba á fabricación de andamios, postes de alta tensión, tuberias de auga e gas... As súas fábricas foron destruidas durante a 2ªGuerra Mundial, ó igual que las de Pontedera (Piaggio-Vespa)
Unha vez rematada a Guerra e xa coa reconstrucción de Italia, Ferdinando Innocenti aposta pola fabricación dun transporte individual, rápido e fiable e pone o proxecto en mans dun técnico aeronáutico: Pier Luigi Torre .
En 1953 chega ó mercado a Lambretta E, moi económica, pero destinada ó fracaso como a Vespa 125 U.
Nestes anos a competencia é moi dura entre Vespa e Lambretta.
A resposta á mítica Vespa 150 GS é a Lambretta 175 TV fabricada en Lambratte, seguida da "tercera serie" con motor de 200cc. Lambreta tiña o scooter máis potente da época.
En resposta ó Vespa APE, máis coñecido no noso país como motocarro Innocenti fabrica o Lambro con cambio automático, encendido eléctrico e freo de disco.
O soño de Innocenti é expandirse máes alá das súas fronteiras: Arxentina, Brasil, Pakistán, Congo, Formosa, Turquía, Francia, España, India, Colombia...
Nacen ó tempo Clubs de Lambrettas e Vespas. A xente compite polas rúas de Italia a bordo destas scooters. A lambretta, co seu bastidor tubular e motor no centro reivindica as súas prestacións, pero en realidade, os estudios comparativos da época condenan a estas dúas belezas a unha embarazosa paridade. Co paso do tempo, a femenina Vespa mantería unha clara superioridade numérica obligando á Lambretta a xogar como suplente.
Os últimos modelos de Lambreta fabricáronse en Eibar con la denominación Servetta.

tengo una lambretta mod 62 para vender si alguien esta interesado
Coño, pues manda unas fotos, anda.
vespistao(algarroba)hotmail(punto)com
Estimadisimo Vespadicto: Me sigo relamiendo con tus sabrosos artículos que rejuvenecen mi memoria y mi corazón, Te agradezco mucho por todo el trabajo que haces,realmente no tiene precio, cuanto más ando, más aprendo.- te deseo lo mejor, y un gran abrazo desde Colón (Entre Ríos)Argentina.-¿Has publicado algo impreso?