Motor Gripado
VERSIÓN EN CASTELLANO <-- (pincha aquí)

Aquí vola presento. É a miña vespa; unha T5 125 do '87 Costoume 300€, estaba tirada nunha palleira. Desmonteina toda e repareina un chisco. Despois duns apaños de chapa e pintura aquí a tendes.
Fai 3 meses estaloume o pistón, rompeulle unha esquina superior, perdeu compresión e deixome tiradiño na estrada de Portas (Pontevedra). Púxenlle un novo que me valeu sobre 120€. Pois ben, este pasado domingo gripoume o motor por non botar no depósito o aditivo para a gasolina sem plomo.
Cóntovos:
Recentemente cambiaron as gasolinas e os vehículos antigos (casi todos os anteriores ó ano 95) teñen que botar un aditivo no depósito para non estropear os motores.
Como sabedes (e senón eu explico) as motos con motores de 2 tempos precisan mezclar a gasolina con aceite, xa que a lubricación destos motores faina a propia gasolina cando entra en contacto coas pezas do motor.
Últimamente, cada vez que ía a encher o depósito da miña vespa, poñíalle aceite que xa traía aditivo incorporado. O pasado domingo, nun descoido (oh mísero de mi, oh infelice) boteille outro aceite sen aditivo e cando levaba uns 6 km... gripouseme o motor.
Tende coidado, vespadictos do mundo, que teño a miña T5 no taller de meu amigo Manolo e botoa moito de menos :-(


Vespadicto referenció
¿Damos un paseiño na Vespa?
..."113" class="imgdcha" /> Para celebrar a redonda cifra de km que marca a miña T5, decidín levarvos de paseo. Si aceptades vir, so teredes que poñelo casco e unhas gafas ...
16 Junio 2006 | 02:20 AM