O movemento 'mod' desenvolveuse na Inglaterra dos anos 50. Os Mods tiñan obsesión pola roupa e a música: Rhythm & Blues e o Soul, Ska e Bluebeat e grupos británicos como Small Faces, The Kinks, The Spencer David Group, The Action ou The Who.
Eran habituais dos clubes nocturnos. Vespas e Lambrettas foron incorporadas ó seu estilo, máis por necesidade que por moda, xa que non se podían permitir ter un coche. Estas motos déronlle ós mods a libertade e a movilidade que non permitía o tren ou o bus. Os mods engadían montóns de espellos retrovisores, cromados, pegatinas...
Os mods só vivían realmente os fins de semana, axudados polas drogas (anfetaminas como os "Corazóns Púrpura" ou as "Azuis")Manterse quente durante as viaxes en scooter polo frío litoral británico era complicado, este foi o motivo polo que os mods comenzaron a utilizar parkas.
As parkas foi outro dos elementos que naceron da necesidade e non do estilo. Algúns decoraban as súas parkas ca Union Jack (bandeira británica) ou co Target (enseña da forza aérea británica).
A finais dos anos 60, os mods comenzaron un proceso de dispersión e dividíronse en varios grupos, o máis popular foi o dos Hard Mod, popularmente coñecidos como Skinhead (nada que ver cos violentos grupos racistas, que se apropiaron da súa estética).
Los mods primixenios continuaron sobrevivindo en pequenos grupos entre finais dos '60 e comezo dos '70, e cidades da costa como Brighton seguiron e seguen a ser núcleos importantes de mods clásicos.

Uffff ya hace tiempo que en Marín no se ven vespas, que nostalgia, ¿n0?
Algunas si que se ven, pero pocas,tienes razón y las que más se ven son las recientes, las PX.
Yo si que echo de menos la clásica vespa roja, o la azul, la GS 150 de toda la vida.
Venga, un saludo!