Montei na vespa e marchei da casa, si é que xa o di o estudo de piaggio: "el vespista actual siente poco apego a la familia"
Meu recorrido foi o seguinte: Cuntis, Caldas de Reis, Pontevedra, Marín, Bueu, Aldán, volta pa' Pontevedra, Vilagarcía, Carril e Cuntis. Vaia que si o queres ver mellor aquí tes o mapa<--
Os domingos de sol son una maravilla. A xente saca a relucir os cacharros vellos e é todo un espectáculo.O primeiro que me atopei foi un AC COBRA, como o da foto pero en negro e con raias grises. Foi detrás miña durante un bo cacho ata que parou no peirao de Aldán.
Outra maravilla da mecánica que pasou diante dos meus ollos foi un fermoso Citroën 2CV CHARLESTON, igualiño ó da foto e conducía un tipo con sombreiro blanco e camisa de liño. Levaba a capota aberta e por unha esquina asomaban os paus de golf.
O mellor foi cando apareceu un Jeep Jimmi cheo de merda... pero cheo ¿eh? que risas! Soio faltaba a furgoneta do Equipo A conducida polo Barracus e unhas cuantas explosións.
Camiño de volta e xa en Marín, cruceime cun Jaguar E-Type e un maxestuoso Citroen DS (el tiburón)
Tamén vin un Booguie Car dos americanos, pero dese, xa non teño nin foto. Saúde!

¿Sabes que mi viejo fué corredor de moto Vespa en los años 50 y llegó a ser campeón de España de regularidad?
No sólo corrió en Vespa si no también en coches Alfa Romeo, etc.
El ya falleció y yo conservo algunos de sus trofeos.
Palabra...