Un dos problemas máis frecuentes e que máis horas de sono saca é o de ¿onde carallo atopo un pistón novo para a miña 160 GS do '64 ? por exemplo.
Si o pides nun taller estilo "Motos Manolo. Desbrozadoras y maquinaria agrícola. Presupuestos sin compromiso" seguramente perdas a paciencia despois de escoitar 15 veces frases como:
-uf! vou ter que chamar ó almacén de Madrid e eso tarda... queres unha motosierra?
Olvidate. Busca nun desguace, nos chatarreros das cidades hai moitas vespas e lambrettas tiradas (sempre está ben eso de ter amighos nos depósitos municipais das grandes cidades). Ou senón merca por internete, un dos mellores sitios é alemán, ademais na sua páxina podes atopar videos, fotos, catálogos... unha cousa: tes que ter moi claro o modelo e o ano da tua moto.
Tamén pode haber algo en Compraventa.com

Escribe un comentario