En boa parte, o éxito da mítica Vespa reside na publicidade. De feito a vespa estaba presente en todo o que tivera relación con Italia.
Grandes artistas como Dean Martin, John Wayne, Anthony Quinn... sairon nas pantallas de todo o mundo montados nunha vespa.
Unha das películas que máis importancia ten para o fenómeno Vespa foi VACACIONES EN ROMA, protagonizada por Gregory Peck e Audrey Herburn. Os protagonistas pasan prácticamente todo o film a cabalo dunha vespa.
Nos momentos de descanso da rodaxe de ÉXODO en Israel (1960) Paul Newman adicase a explorar o país montado nunha vespa (non sei que andaría a buscar) pero prohíbe firmentente á sua muller Joanne Woodward montar en vespa, por considerar a moto inadecuada e demasiado perigosa para ela. (guapo si, pero un algo machista o tipo)
Tamén Charton Heston (Ben-Hur) e Stepehn Boyd (Mesala) na grandiosa película gañadora de 11 Oscars BEN-HUR, contaban con Vespas para os seus pequenos desplazamentos.

Escribe un comentario