Publicidad:
La Coctelera

Vespadicto

Easy to be Happy

Categoría: VESPA

4 Septiembre 2008

Vespa 160gt en restauración. Novo video.

Primeiras probas da 160 GT de Fran. Como xa vos contei en anteriores entradas, entroulle auga no motor e o cilindro encheuse de óxido. Botámoslle aceite a mares e ó final, sen abrir o motor, a moto arrancou
(a mecánica Vespa é dura coma unha pedra)

Era de noite e so tiña o freno dianteiro posto. O ruído mete pánico por culpa do óxido dos rodamentos, pero cada vez fai menos. Ala, a disfrutarlo.

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

4 Septiembre 2008

Vespa 160 GT en restauración

Chispa e ghasolina.

Parece mentira. Este é o motor da 160 GT de Fran. Cando o limpiou exteriormente, antes de montalo de novo no chasis, entroulle auga polo carburador (Este Fran... ) apareceu óxido e o pistón quedou agharrado ó cilindro.

Levouno ó seu mecánico de confianza e dixolle que lle botara aceite (sen abrilo), que non era moita cousa e que volvería funcionar.

Dito e feito. Botoulle aceite por litros e onte mesmo, despois de conectar o sistema de acendido, limpiar o carburador e soplarlle un poco a bujía... arrancou! (sen abrirlo)

Cantan un poco os rodamientos porque parece ser que tamén están oxidados... (eu flipo) pero Fran non quere abrilo. En definitiva: funciona, pero canta máis que unha hormighonera Campeón.

ÁNIMO, XA FALTA MENOS!!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

22 Agosto 2008

Video Scooterada Vespeinada

VERSIÓN 1.0

Resulta que collín videos de cámaras de fotos, tlf móbiles e demáis aparatos, arrexunteinos con música de Jaime Urrutia "Que Barbaridad!" (non sei si o video ou a canción) e este é o resultado. Que o disfruten as súas señorías. Salú!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

22 Agosto 2008

Fotos Concentración Clásicas Cambados

As fotos de Abalo

Antes de nada, esta fin de semana hai concentración de clásicas en Vilagarcía organizada polo Club SQeM (non podo ir ) pero para os interesdos aquí deixo máis info: SQeM

+ fotos Concentración Clásicas Cambados

Acabo de ler a crónica do amigo Abalo sobre a concentración de clásicas do pasado día 10. Recoméndovos que lle botedes unha ollada. Aquí vos deixo algunhas das súas fotos.
Adolfo, Unha aperta!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

22 Agosto 2008

Vespa 160 GT en Restauración

A vespiña de Fran

Neste momento a cousa está algo parada porque non temos moito tempo libre en común, pero para ilustrar o tema, aquí vos deixo unha foto que quitamos fai dúas semanas.

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

22 Agosto 2008

Pulir Metais

NOVO VIDEO

Onte mesmo recomendéivos un blog chamado Tumotoclásica. Seguindo as súas indicacións decidín quitar a pintura de imitación cromo que lle puxen ós embellecedores da Vespa 160 e pulilos como dios manda.

O primeIro é mercar un kit de pulido de metais en calquera ferretería, vale sobre 10€, é de Wolfcraft e trae todo incluido.

Está composto por dúas pastillas e dous rodillos para acoplar ó taladro.

1. Antes de nada tes que lixar a peza a pulir, primeiro cunha lixa gorda para eliminar raiaduras e golpes (grao de 300 a 400, dependendo do estado) para despois pasar a unha lixa de auga máis fina (grao 500 ou 600) Deste primeiro paso dependerá o resultado final. É mellor ser paciente.

2. Unha vez lixado (repito, paciencia) monta o cepillo duro no taladro e daslle ca pastilla oscura (taladro funcionando) Según vaias pulindo, notarás que a peza empeza a reflexar coma se fose un espello con empañado.

O proceso é unha auténtica guarrada e pone todo perdido. Protéxete con gafas e mascariña se non queres escupir "cousas neghras" toda a noite.

3. Turno do cepillo blando. Este cepillo encargase de darlle o acabado final. Co taladro en marcha untas o cepillo ca pasta azul e sigues pulindo. Se o primeiro paso foi bo (lixado á man), reflectirá coma un espello de verdade.

OLLO, dalle SEMPRE NO MESMO XEITO.


servido por damiandecuntis 2 comentarios compártelo

22 Agosto 2008

Fotos Concentración Clásicas Cambados

ALBUM DE FOTOS

Aquí vos deixo a miña aportación fotográfica á Concentración de Clásicas de Cambados, celebrada o pasado día 10 e organizada polo Club Motos Vellas do Salnés.

As fotos en movemento son obra de Lucía e algunhas en parado son miñas.

Ver TODAS AS FOTOS Concentración Clásicas.
Ver Galería PÚBLICA VESPADICTO

Por certo, tamén apareceu un video no Youtube. A disfrutarlo!

Abalo ¿pódese ser máis feliz?

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo

22 Agosto 2008

Video Euroyeyé '08

Menuda sorpresa levei esta mañá ó cheghar ó choio.
Resulta que meu amigo Julio estivo a pasada fin de semana en Xixón e por casualidade atopouse co Euroyeyé.

Que o disfruten as súas señorías... Grazas Julio!

servido por damiandecuntis sin comentarios compártelo


Sobre mí

. 30 anos, loco polas vespas e as lambrettas. vespistao(@)hotmail(.)com CounterData.com

car insurance
car insurance Counter

Fotos

damiandecuntis todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera